** BRINCADEIRA ** , UN GRAN EVENTO CULTURAL PARA TODOS OS PÚBLICOS!
Este ano apostamos de novo pola vangarda artística, non só coas actuacións musicais, senon tamén contando con diferentes actividades relacionadas co mundo das artes, todas e cada unha delas gratuítas: graffiti, deseño, street art, audiovisuais, tattoo, moda..., daranse cita en diferentes localizacións da vila de Ordes os días 8 e 9 de Agosto.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
** MOSTRA DE NOVAS TENDENCIAS **
O Campo da Feira de Ordes fará honor o seu nome máis que nunca, abríndolle os brazos en forma de feira de mostras, ás novas correntes artísticas que están a producirse en Galiza, como o graffiti, pintura, fotografía, tatoo, deseño, street art, moda.. A Mostra estará aberta ao público os dous días do festival (8 e 9 de Agosto), con horarios de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
** FESTIVAL DE VIDEOCLIPS **
Os videoclips son un xénero tan sorprendente como pouco representado na maioría dos festivais. En BRINCADEIRA´08 disfrutaremos coas obras de novos creadores, amosando tamén diferentes pezas clásicas do audiovisual galego.
O festival vai enfocado aos creadores de videoclips musicais, e estará dotado dun premio económico e dun premio promocional (darase difusión a obra gañadora a través dos diferentes circuítos especializados).
O Venres 8 exhibiranse os VideoClips na Casa da Cultura de Ordes, de 18:00 a 20:00 horas.
O Sábado 9 tamén se exhibirán VideoClips, e ademáis tamén terá lugar a entrega de premios, de 18:00 a 20:30.
O xurado estará formado por:
Antón Reixa (Presidente de Filmanova)
Juan Lesta (director e realizador galego)
Iván Mena Tinoco (realizador e postproductor de gran traxectoria)
Nonito Pereira (crítico musical).
Descarga as bases do concurso. Click aquí
Participa, envíanos os teus videoclips!
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

** CONCURSO DE GUITAR HERO **
A empresa ACTIVISION España S.A. daralle a oportunidade aos máis atrevidos de amosar as súas facultades coa guitarra. Unha carpa situada no mesmo Campo da Feira será a sede do certame, que se celebrará os días 8 e 9 de Agosto de 16:00 a 19:00. Ademais dos premios que entregue Activision, o gañador terá ocasión de subirse ao escenario a tocar a Guitar Hero ante miles de persoas, o Sábado 9.
Descárgate as Bases do concurso. Click aquí.
Descárgate a ficha de inscripción para participar no concurso. Click aquí.
Se es menor de idade, descárgate o Formulario de autorización paterna. Click aquí.