

Che Sudaka atópase entre as bandas máis prometedoras de Catalunya e o 2008 será o ano para dar o próximo gran paso! A banda reúne a seis músicos de Arxentina e Colombia, consolidándose no corazón da escea musical underground de Barcelona.
A raíz do contacto dirécto cun público moi diverso, medrou a gran enerxía e vontade de entregarse completamente aos seus directos. E ata día de hoxe esa é a característica que le pon o selo á banda!
O seu último CD/DVD "Mirando el mundo al revés" (K-Industria, 2007), foi inicialmente presentado cunha extensa xira europea (máis de 50 concertos en oito países). Che Sudaka dispoñen dunha base de fieis seguidores en todo o mundo, teñen airplay en numerosos países (entre eles Gran Bretaña, Francia y Alemaña, donde o álbum foi premiado como o "CD da semana" pola estación de radio "Funkhaus Europa". A Televisión Nacional de Suecia destácaos nunha documental coma unha das bandas máis interesantes da escea musical de Barcelona, próximos a Peret e Ojos de Brujo, despertan o interés en America do Sur e Xapón... todo froito de máis de 500 concertos realizados durante a aínda curta historia desta banda excepcional.
No 2008 chega a esperada presentación oficial do álbum "Mirando el mundo al revés" en España. En contraste co feroz "Alerta Bihotza" (K-Industria, 2005), éste album conten, na súa maioría, temas grabados en acústico e conta con varias colaboracións como Un Kuartito, Karamelo Santo e Amparo Sánchez de Amparanoia. Todo adicado á contra-cultura as súas letras falan dos problemas da inmigración, a inxustíza social e a guerra, máis tamén da resisténcia, a liberdade e a solidaridade.
A súa actitude multicultural exprésase en cancións cantadas en castelán, inglés, italiano e vasco, unindo as forzas explosivas do Punk e do Reggae que fai da banda algo único. En directo nos espera, coma sempre, unha frenética batería, una sólida e potente guitarra, un baixo e varios samples e effectos que nos arrastran cara adiante, coros polifónicos, influéncias de cumbia e rumba e, por suposto, o tolo espectáculo dos irmáns que levan a voz cantante, Leo e Kacha!
Máis info:
www.myspace.com/chesudakastyle
http://es.youtube.com/watch?v=3EQbLxjn7EA
< < AMPARANOIA > >

Amparanoia é o proxecto musical de Amparo Sánchez, unha das voces máis coñecidas do sur de España.
En 1995, entre o barrio madrileño de Lavapiés e Malasaña, comezan a presentar o que sería o seu primeiro disco, El poder de Machín, e pronto conseguen grabalo nun estudio coa colaboración impresionante de Manu Chao, entre outros. En 1997 graban o seu segundo álbum, Feria Furiosa, resultado do seu directo e contando coa colaboración dos máis grandes da escena alternativa latina.
Trala volta de México, xuntase con catro músicos cubanos e un búlgaro e prepara a súa volta aos escenarios co álbum Somos Viento. O tour comezou o 28 de febreiro do 2002 e levoulles por Italia, Francia, Bélxica e México. Ao finalizar a xira, Amparo e Muñeco (o gran compositor e músico detrás de Ojos de Brujo e de Macaco, entre outros) encérransse no estudio para crear o seu novo álbum, Enchilao. Este último disco é máis electrónico e utiliza máis influencias latin, bossanova, sudamericanas e cubanas. Despois da saída do último álbum, o grupo comeza unha xira por Bélxica, Alemania, Holanda, Francia e Italia.
En 2004 Amparanoia graba con Calexico unha versión da cancion Don’t leave me now e comezan a Xira Caravane tour 2004, que lles levará a escenarios e festivais de todo o mundo. En xaneiro do 2006 aparece o seu quinto traballo La vida te da, completando unha xira de máis de 200 concertos.
Actualmente, inician xira o 18 de abril do 2008, presentando o seu novo disco Seguiré Caminando, co que percorrerán de novo os escenarios de todo o planeta.
Máis info:
www.amparanoia.com
www.myspace.com/amparanoia2

Def Con Dos naceron entre Vigo e Madrid, a finais dos 80. Dende entón, mantivéronse incansables, como demostraron nas tendas de discos, escenarios e medios de comunicación, en constante guerra contra o mundo e narrando a idiotización colectiva. Os seus álbumes son xa considerados clásicos: Segundo Asalto (1989), Tercer Asalto (inclúe Primer Asalto) (1991), Armas pal pueblo (1994), Alzheimer (1995), Ultramemia (1996), De Poca Madre (1998), Dogmatofobia (1999, dobre CD recopilatorio), Recargando (2004, CD de audio + DVD), e o recente 6 Dementes Contra el Mundo (2006, CD de audio + DVD). Ademáis, realizaron con moi boas críticas a banda sonora dos filmes Acción Mutante e El Día de la Bestia (ambas dirixidas polo máis que recoñecido director Álex de la Iglesia).
Entretanto, a súa evolución musical levounos á consecución de dúas máximas importantes: un son medio heavy de guitarrazos, infalible en concerto e sempre ideal para acompañar os cáusticos raps de Strawberry, Peón Kurtz e Juanito Sangre e unha banda instrumental estable formada por Manuel Tejeringo (guitarra), Kiki Tornado (baixo), J. Al-Andalus (baixo).
Tralo trunfo en multitude de festivais, tanto en España como en Europa e Norteamérica, reaparecen como grupo no 2004, para reconfortar ós seus numerosos fans ca boa noticia de que a loita continúa e que, canto menos, Def Con Dos non se rinden.
Máis info:
www.defcondos.com
www.myspace.com/def_con_dos

Krakovia é a sensación máis excitante do 2008.
Krakovia son unha banda de punk-rock escuro, cercano ao rockabilly, cunha formación estelar que parece sacada dun filme de Tarantino: como a espectacular cantante e bailarina de burlesque: Vinila Von Bismark, ou o cantante Petra Flurr, que ven de grupos de punk underground de Berlin e que tamén compón as letras de Krakovia. Levan batería, contrabaixo, dúas guitarras, moogs, dúas coristas orientais... A música está composta por David Kano (Cycle), Guille Mostaza (Ellos) e Juanjo Reig.
A publicación do seu primeiro álbum “Road Movie“ (11 temazos en inglés e unha xoia en alemán) está prevista para finais de febreiro-principios de marzo de 2008.
“Road Movie” está grabado e producido en Rec Division Studios( Madrid) por David Kano e Juanjo Reig e masterizado por Simon Davey en Exchange Studios (London), onde masterizan os seus discos Depêche Mode, Justice, Maxïmo Park, Basement Jaxx, Bjork, Oasis, Stereo Mc´s, Klaxons, Chemical Brothers, Daft Punk, Kings Of Convenience, Dizzy Rascal, etc...
As cancións, compostas de noite, rodeadas dun ambiente de malicia enormemente seductora, van dende o punk-rock adrenalínico, contundente, de estribillos tan contaxiosos e emocionantes que son case himnos ata os medios tempos profundos, escuros, próximos ao rockabilly máis elegante e nos que a portentosa voz de Petra Flurr recorda a voces escalofriantes e míticas como a de Peter Murphy (Bauhaus).
Máis info:
www.myspace.com/krakovia

Trala publicación en México do recopilatorio "Surfin Tenochtitlan" e a súa arrolladora xira de presentación ó outro lado do charco, o selo Gaztelupeko Hotsak licencia na península esta nova referencia de Los Coronas en vinilo e en CD.
"Surfin' Tenochtitlan" é a nova referencia do cuarteto madrileño; un novo recopilatorio de 16 temas no que se atopan, ademáis dun tema inédito, as mellores cancións publicadas ata a data nos seus tres primeiros álbumes editados en España por Tritone Records: "Los Coronas", “Gen-U-Ine Sounds” e “Caliente Caliente”.
Para a ocasión, a banda encerrouse nos estudios Heatroom de Madrid para voltar a facturar cada unha das 16 cancións publicadas neste novo traballo, onde queda perfectamente plasmada a enerxía e a potencia que desprende agora a formación composta por Fernando Pardo, David Krahe, Roberto Loza, Javi Vacas e Oscar Ibarra. Un futuro clásico da música instrumental. Non esperes a que cho conten.
Máis info:
www.loscoronas.com
www.myspace.com/loscoronas

Dende Cerceda, un dos berces do rock galego, chega Machina, banda nada no ano 2002, formada por Gonzalo (guitarra), Anxo (baixo), Martín (voz) e Ángel (batería).
Durante estes anos curtíronse nas salas e festivais de todo o país ofrecendo o seu potente directo ó público galego, que disfrutou cos seus temas alá por onde tocaron.
No ano 2004 entraron por primeira vez nos estudios “Bonham” de A Coruña a gravar o que sería a súa primeira demo, composta por 3 temas, grazas á cal gañaron o concurso interuniversitario CampuSons 2004 onde obtiveron como premio a gravación dun disco, o cal nunca se chegaría a gravar por motivos alleos á banda.
Durante todo este periplo acompañaron a outras bandas do tallaxe de Sociedad Alcoholika, N.D.N.O, etc…
Na actualidade o grupo está a presentar por toda Galiza o seu directo no cal se inclúen os temas do seu novo traballo titulado “Acouga”, que se trata dun EP composto por 5 temas todos eles gravados en “Océano Estudios” e co-producios por Machina e Javier Abreu, recoñecido productor que traballou con bandas coma Boikot, Sugarless, Los Piratas, etc… A publicación deste traballo ven acompañada co seu primeiro video da peza “Queimame” dirixida polo novo director madrileño Óscar Ansótegui.
“Acouga” é un traballo totalmente pola banda e atópase á venda nos diferentes locais sociais de todo o país así como en diferentes tendas de discos das cidades e vilas galegas.
Cando se fala do directo deste grupo estamos a falar dun son potente e enérgico pero á vez cargado de melodía e arranxos, que xunto á formación minimalista da base rítmica, guitarra, baixo e batería, imprímelle á súa música un carácter diferente ao acóstumado a escoitar por estes lares. Se a esta mestura lle sumamos a desgarradora e á vez melódica voz de Martín obtemos como resultado unha música que pode ir dende a máis simple e armoniosa pasaxe musical ate chegar a momentos dunha intensidade e potencia tal que difícilmente se pode explicar con palabras.
Máis todo isto carece de importancia tendo en conta o principal para este grupo de músicos, pero porriba de todo amigos, é facer a súa música sen ningún tipo de ataduras, e facelo con honestidade transmitindo as súas vivencias, sacando do interior a música que levan dentro, a música de catro mozos dunha pequena vila galega que utilizan o son para transmitir os seus sentimentos, seguro, non moi diferentes aos de calquera mozo da Galiza actual. Estes son os Machina.
Máis info:
www.myspace.com/machinagz
< < O CHÍCHARO PSICÓTICO > >

O Chícharo Psicótico naceu en Ordes no ano 2004 coa xuntanza de varios músicos que anteriormente formaran parte de diversas bandas de pop-rock da escea galega.
A formación da banda, ten experimentado desde a súa constitución, varios trocos na súa formación e actualmete está formada por Mário (teclados), Suite (baixo), Santónio (guitarra), Prego (batería) e Fernando (voz).
Na actualidade teñen un CD no mercado editado no ano 2005, de título homónimo, que foi gravado e producido nos estudos Fábrica de Luz de Santiago de Compostela e que é distribuido por Falcatruada (www.falcatruada.com)
O estilo do Chícharo é esencialmente ecléptico, etiquetável só baixo o amplo paraugas do rock , ainda que cunha intensa actitude punk. Nestes catro anos teñen tocado en numerosas salas e festivais de toda Galiza acandando unha máis que boa aceptación de público e crítica.
Este outono voltarán aos estudos para gravar o seu esperado segundo traballo discográfico e nesta nova edición do Brincadeira teremos a oportunidade de escoitar algúns dos seus novos temas en directo.
< < FEW DAYS LATER > >

Few Days Later é un grupo Lucense xurdido a finais do ano 2004. Nun principio foi concebido como un proxecto entre o cantante (Simón) e o batería (Álvaro). Comezou a coller forma meses máis tarde cando se uníu un vello amigo de Simón (Borjita) como segundo guitarra. Tivo que pasar máis dun ano na procura dun baixista para que Adrián completase a formación actual.
As súas preferencias e gustos musicais acercounos a un estilo punk-rock americano, ainda que tamén beben de influencias máis alternativas e hard-core, o que se nota nas súas últimas cancións.
En Febreiro de 2007 grabaron a súa primeira maqueta nos estudios Abrigueiro, da man de Arturo Vaquero. Esta maqueta conta con 10 pistas orixinais.
En xuño de 2008 resultaron gañadores do concurso de maquetas organizado pola marca 100 Pipers, coñecido como "100Pipers Music", no que se xogaban grabar un disco.
Actualmente atópanse en proceso de grabación e masterización dese primeiro disco coa firma Falcatruada.
Esta discográfica tamén se encargará da distribución de 1000 copias e da promoción do disco como parte do premio.