RECORDADE!!!!!!!
ENTRADA AOS CONCERTOS, ACAMPADA, E ZONA DE APARCAMENTO,
TOTALMENTE GRATIS!!!!!!
Para máis información, podedes contactar co festival dirixíndovos por mail ou por teléfono:
Mail: brincadeira@icebergaudiovisual.com
Tfno: 690 945 096

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


CONCURSO DE GUITAR HERO
A empresa ACTIVISION España S.A. daralle a oportunidade aos máis atrevidos de amosar as súas facultades coa guitarra. Unha carpa situada no mesmo Campo da Feira será a sede do certame, que se celebrará os días 8 e 9 de Agosto de 16:00 a 19:00. Ademais dos premios que entregue Activision, o gañador terá ocasión de subirse ao escenario a tocar a Guitar Hero ante miles de persoas, o Sábado 9.
Descárgate as Bases do concurso. Click aquí.
Descárgate a ficha de inscripción para participar no concurso. Click aquí.
Se es menor de idade, descárgate o Formulario de autorización paterna. Click aquí.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ZONA DE ACAMPADA:
Unha axeitada zona verde estará habilitada para acampar libremente, moi preto do Campo da Feira, onde teñen lugar
a maioría das actividades do Festival Brincadeira´08. En caso de choiva, estará acondicionado o Pavillón
do Colexio CampoMaior, que tamén está situado a escasos metros do Campo da Feira.
Dende a organización, facemos un chamamento a que se respecte o entorno natural da acampada, así como de
calquera outra zona, pois haberá contedores de lixo e papeleiras abundantes para evitar que un festival gratuíto como
Brincadeira se converta nun vertedoiro. Moitas gracias!
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CHE SUDAKA E OBRINT PAS ESTARÁN NO BRINCADEIRA 08!!!!!
Aquí podedes ver e baixarvos o novo cartel do festival, aínda quedan máis artistas por confirmar e máis sorpresas que iremos anunciando máis adiante.
Mantédevos á escoita!
Visita o myspace do festival premendo aquí